viernes, 23 de junio de 2017

Sentindo o centro

PROXECTO TERRA – SENTINDO O CENTRO
(OLALLA GONZÁLEZ LÓPEZ)


Tras a experiencia do ano pasado, na que os rapaces sentíanse un pouco perdidos á hora de contestar ás preguntas do cuestionario realizadas en titoría, nas que tiñan que reflexionar sobre como sinten o centro (vista, oído, olfato, gusto e tacto) e logo propoñer melloras, levamos á práctica previamente as seguintes experiencias.


Puxéronse na pel de persoas cunha diversidade funcional. Por un lado, cunha deficiencia sensorial (vista), xa que privados deste sentido tiñan que agudizar os outros e tratar de percibir o centro doutro xeito. Tamén se lles limitou a mobilidade nunha perna (discapacidade física) e deste xeito entenderon o centro e algunhas das súas carencias, así como a posibilidade de mellora.




Tras estas sesións prácticas, fixemos unha posta en común que deu paso, primeiro a un traballo de reflexión individual por escrito e logo, a enquisa cos seus respectivos titores nas súas horas adicadas á titoría.






      




No hay comentarios:

Publicar un comentario