miércoles, 28 de junio de 2017

Metrominuto


O metrominuto é un plano peonil coa estética dun plano de metro, que marca as distintas rutas que se poden realizar a pé nunha determinada poboación.
A idea naceu na cidade de Pontevedra, dentro do seu Proxecto de Mobilidade.
No deseño do Metrominto hai que trazar as rutas con segmentos e establecer o tempo que se tarda en percorrelas, tomando como referencia un lugar da cidade, que será considerado como punto 0, do que parten os diferentes recorridos.
Para calcular o tempo que se tarda en cubrir as distancias tómase unha velocidade de referencia de entre 4 e 5 km/h.
A importancia do Metrominuto estriba en crear un plano que permite moverse por unha cidade a pé, sen necesidade de usar outro medio de transporte, elevando á categoría de transporte urbano o feito de ir camiñando dende un punto da poboación ata calquera outro.
O NOSO METROMINUTO
No metrominuto que realizamos tomamos como referencia o IES Aquis Celenis, xa que é o noso instituto, e a partir de aquí buscamos os sitios máis destacados de Caldas.
Indicamos a distancia dende o instituto ao primeiro punto, e a continuación de cada punto ao seguinte. Polo tanto, para obter a distancia dun dos puntos ao outro, só temos que sumar as distancias e os tempos.

E obtivemos o seguinte plano:


 O metrominuto


Tomamos unhas fotos de como se foi facendo o proxecto do metrominuto.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario