viernes, 30 de junio de 2017

Proxectando, investigando...

Tratábase de determinar os factores influíntes nas diferenzas de habitabilidade entre aulas que en principio deberían ter as mesmas condicións, e é palpable que non as teñen. Para iso medíronse as variables temperatura e luminosidade durante unha semana en tres momentos diferentes do día, programando o Robot Ranger co programa MBlock. Este Robot dispón de sensores que permiten facer estas medidas.A continuación analizáronse e elaboráronse as gráficas das medicións empregando para iso follas de cálculo. Por outra banda analizáronse as condicións do clima da contorna do IES e as especies arbóreas próximas a esas aulas. Comparáronse as medicións obtidas cos datos de Meteogalicia en Caldas de Reis e coas conclusións elaborouse un vídeo facendo unha petición ó Calutro/Consello Escolar solicitando a poda das palmeiras próximas ás dúas aulas con baixas temperaturas no inverno, e a medio prazo no caso de prantar na contorna do centro,se faga con especies arbóreas de folla caduca. O traballo desenvolvido está recollida neste vídeo:



 


No hay comentarios:

Publicar un comentario